Os segredos do leite, da man de Leyma
Paso a paso, desde Leyma, explícannos todos os beneficios dos lácteos, cuxa inxesta recomendada oscila entre as 2 ou 3 racións para nenos e de 3 a 4 para adolescentes.
A INXESTA RECOMENDADA
A inxesta de lácteos recomendada oscila entre as 2-3 racións para nenos e 3-4 para adolescentes. Algúns exemplos prácticos do que é una ración: un vaso de leite, un iogur, 125g de callada, alrededor de 50 gr de queixo fresco e 15 de queixo curado.
NUTRICIÓN
O consumo de leite é un gran aliado para unha boa nutrición e unha dieta equilibrada polos seus aportes de proteínas, minerais e vitaminas, a súa axuda a fortalecer o sistema inmunitario. É un alimento moi equibrado cunha alta densidade nutricional que polo seu alto contido en auga contribúe a manter unha correcta hidratación.
INMUNE
O leite contén diferentes compoñentes que desempeñan un papel fundamental na resposta inmune do organismo: LACTOFERRINA: ten funcións na actividade inmunomoduladora do corpo e inhibe a invasión do virus ao bloquear HSPG na membrana celular, LACTALBÚMINA: inflúe na resposta inmune do organismo mediante o control da flora intestinal ou a GLUTACIÓN, que afecta á funcionalidade dos linfocitos.
Algúns dos beneficios máis salientables do leite son a reducción do risco de enfermidades cardiovasculares, efecto anticanceríxeno, unha modulación correcta do sistema inmunitario, acción antidiabética, favorecemento da mineralización ósea ou a regularización da graxa corporal.