Larpeiros e larpeiras, estades de noraboa. Aquí tedes unha receita sinxeliña e deliciosa

Cocina con Leyma: Biscoito

Larpeiros e larpeiras, estades de noraboa. Aquí tedes unha receita sinxeliña e deliciosa

Ingredientes:
400 gr de nata Leyma Natura
400 gr de fariña
40 gr de fermento
400 gr de azucre
6 ovos

Pasos:
Antes de comezar, enfariñamos o molde para evitar que se nos pegue o biscoito.
Prequentamos o forno a 180ºC.
Vertemos todos os ingredientes nun bol.
Batemos todo e mesturamos ben ata obter unha masa homoxénea e sen grumos.
Unha vez mesturado, pasamos a masa ao molde.
Enfornamos 45 minutos aproximadamente a uns 170º C, dependendo do forno que usemos.
Para saber se o noso biscoito xa está feito, picámolo cun escarvadentes. Se sae limpo, podemos retiralo do forno; se ten restos de masa, deixámolo no forno uns minutos máis.
Cando o noso biscoito xa estea feito, deixámolo arrefriar e personalizámolo ao noso gusto cos ingredientes que máis nos gusten: pebidas de chocolate, nutella, marmelada, amorodos…

Más en Salud y nutrición